Coñeces algún
cemiterio galego no que se organicen visitas para turistas?
Sabes onde está
soterrada Asunción, a primeira muller rexistrada como vítima de
violencia de xénero?
Hai algún cemiterio
nos concellos de S. Cristrovo de Cea ou Piñor cunha escultura de
Antón Faílde?
Sabes de cantas
maneiras podemos expresar en galego o momento da morte?
Nesta entrada
ofrecémosche algunhas ligazóns onde poderás encontrar resposta a
estas preguntas:
- O primeiro é unha selección que o xornal dixital Praza Pública fixo de doce cemiterios galegos e que podes consultar aquí
- Tamén che recomendamos que visites a páxina do concello de Piñor, onde recollen unha selección de monumentos funerarios ben interesantes. Entra aquí
- Por último, e sobre a maneira de denominarmos a morte en galego, recomendámosche varias lecturas, segundo teñas máis ou menos curiosidade. Fíxate primeiro no que di Alonso Montero:
“O
morrer é algo tan importante, orixina tal multitude de reaccións
(tristura, xenreira, medo...) que, por forza, un idioma vese na
obriga de forxar as denominacións concordes co mundo das inquedanzas
que a morte provoca entre as xentes. O morrer non sempre se presenta
como un feito grave ou doloroso. Xusto por ser un feito patético,
unha terrible mágoa, é polo que o home inventa os eufemismos, é
dicir, aquelas fórmulas que, aludindo a unha realidade tremenda,
réstanlle tremendismo (finar, falecer, entregar a alma, irse etc. no
canto de morrer). Tamén o humor, a rexouba e mais o xogo poden
presidir algunha denominación cando concorren algunhas
circunstancias (irlle gardar os pitos ó cura, ir dar esterco). Neses
intres nós estamos por enriba da morte, perdémoslle o respecto, e
podemos xogar a nomeala de cen maneiras expresivas. Non nos estrañe,
pois, que a realidade “morrer” orixine en calquera lingua un
feixe, non pequeno, de denominacións. Xesús Alonso Montero, “As
duascentas vinte maneiras de morrer en Galicia” (adaptado)
Podes
buscar algunhas desas maneiras na primeira unidade do manual Para dar trela
Se
tiveres moita curiosidade, podes descargar nesta ligazón unha
comparativa ben curiosa entre o galego e o alemán para referirse á
morte (da páxina 83 a 97):
De
morrermos en galego ou de epitafios falaremos noutro artigo.
Imaxe: cemiterio de Loeda do blogue https://imaxesenanacos.com/2014/03/28/un-poeta/