Que é un club de lectura?
Grupo de persoas ás que lle presta ler.
Lectura individual do mesmo libro (ou parte do libro)
Posta en común o día marcado para a reunión (diferentes opinións, dúbidas, experiencias...)
Actividades relacionadas coa lectura (vídeos, xogos, música...)
Como funciona este club de lectura?
Non é preciso comprar os libros.
Hai un exemplar na biblioteca para cada persoa. Nalgúns casos, os exemplares deberemos compartilos entre varias persoas.
A única norma que temos é tratar ben os libros da biblio e devolvelos en bo estado no prazo marcado.
Reunirémonos na biblioteca durante o recreo de mediodía de mércores ou xoves como mínimo dúas veces por trimestre.
Poderemos reunirnos máis veces se precisamos ou queremos facelo.
O clube chámase Levedar a Língua.
Este curso queremos qeremos traballar o proxecto O Noso, por iso Levedaremos o noso.
Ten un blogue, unha páxina de Facebook e, desde este curso, Instagram.
Tamén ten unha canle de youtube onde podemos subir cousiñas.
Que faremos nesta reunión?
Presentarnos nós (como lectoras e lectoras: por que, para que, onde, canto lemos?, que esperamos do club?...)
Presentar a persoa que escribiu a obra que imos ler.
Durante esta semana poderedes recollelos no horario de apertura da biblioteca co voso número de carné.
Marcar a data para a seguinte reunión: Día e hora. Ata onde lemos para ese día (podemos ler máis se queremos, pero non podemos contar o que pasa a outras persoas).
Seguir o blogue.
Se temos algunha idea para facer para ese día, podemos proporlla a Bea antes da reunión).
Ningún comentario:
Publicar un comentario