Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de marzo de 2018

Verdegaio Feminista



vai tu, vai tu, vai ela
polas que xa non berran




Se entras no artigo premendo na ligazón de abaixo, 
poderás 

saber a historia, 

oír no Soundcloud, 

veres a letra para cantares 

e contribuír

ao Verdegaio Feminista.

Entra no Luzes




Fotografía tirada de: https://www.instagram.com/galegas8m/





Documentarios sobre mulheres galegas


Recomendamos entrar na páxina de Maos, ver algún documental, achegar propostas...

Excelente repositorio para ter sempre a man  porque hai miles de vidas das que pouco sabemos e están aí; ao noso lado. Só hai que ver e reparar.

Preme na ligazón










Muller e deporte


Un dos libros do club neste curso é Corredora, de María Reimóndez, publicado pola prolífica autora no ano 2017. Nel coñecemos a Genet Mullugueta, que naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía e á quen, desde noviña, o que máis lle gustaba era correr e correr.

Podes ler nesta ligazón a crítica de Ramón Nicolás

Antes de lermos o libro tivemos un faladoiro cunha atleta ourensá, Emma Lorenzo Casas.

A importancia do deporte na súa vida, como compaxina iso cos estudos, como tivo ás veces que desoír os consellos dalgún profesorado para que se centrase nos estudos a pesar de que sempre foi boa estudante... foron algunhas das cousas das que o alumnado de 1º da ESO puido falar con Emma o día 24 de xaneiro. Trouxo o seu calzado deportivo, algúns xornais, dorsais e explicou como sempre lle gustou o deporte e se apuntaba a todo o que podía. Iso levouna a comezar co triple salto, animada por un profesor da escola que vía nela moitas capacidades. Agora compaxina este deporte cos estudos universitarios.



No faladoiro tivemos oportunidade de ver tamén unha parte de Contra os elementos, unha serie de vídeos promovidos pola Deputación da Coruña no que se lles dá voz a mulleres deportistas da provincia da Coruña. Recomendamos velos na rede. Entra na ligazón de Contra os elementos premendo aquí





Pois hai un días soubemos da fazaña de Ana Peleteiro en triple salto: "A atleta galega Ana Peleteiro Brión vén de gañar a medalla de bronce na final de triple salto do Mundial de pista cuberta de Birmingham, no que alcanzou os 14,40 metros de distancia, a súa mellor marca persoal".

A noticia no Sermos Galiza

Mais os xornais pouco informaron desta nova, non? Parece que quedan moitas, moitas, moitas cousas que mudar.

Unha ducia de deportistas galegas no Praza




Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres

No ano 2014 baía Edicións publicou a obra de Pepe Carreiro Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres. O libro continuaba a pedagóxica serie de Pepe Carreiro sobre a lingua e a historia galegas.

É unha lectura imprescincíbel para coñecermos un pouquichiño o camiño que levamos andado as galegas e que poucas veces aparece nos libros de texto.

Búscao na biblioteca.

Se quixeres ler unha crítica da obra, preme na ligazón a seguir.

Preme aquí para accederes ao blogue de Ramón Nicolás



Pioneiras. Galegas que abriron camiño.

Temos na biblioteca o libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño, con textos de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz que nos conta a vida de doce mulleres galegas senlleiras e ás veces descoñecidas ou invisibilizadas.

Unha boa maneira de dar a coñecer a xente máis nova e de calquera idade o labor lagunhas que nos precederon. As fotografías que acompañan este artigo son da Libraria de Mulleres Lila de Lilith. Podes ler críticas á obra no blogue de Xerais se premes na ligazón que aparece a seguir:







martes, 6 de marzo de 2018

Todos teriamos que ser feministas



Temos na biblioteca varios exemplares de Todos teriamos que ser feministas, a conferencia de Chimamanda Ngozi Adichie, que Sushi Books publica na nosa lingua.
Recomendamos ler a recensión que aparece no blogue Trafegando Ronseis premendo na ligazón que aparece a seguir.



Mulleres bravas da nosa historia


“Mulleres bravas da nosa historia” é unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.
Alén de contar as biografías das protagonistas, os libros achegan actividades para realizar coas cativas e cativos e cronoloxía. Todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de seren mulleres.

Da colección, de Urco Editora, temos na biblioteca Ramón Caride os catro primeiros números dedicados a Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, Maruja Mallo e Xulia Minguillón.

Todos eles están ilustrados por Eva Agra e con textos de diferentes autoras: María Lado (Rosalía de Castro), Eli Ríos (María Victoria Moreno), Elvira Ribeiro (Maruja Mallo) e María Reimóndez (Xulia Minguillón). O proxecto está coordinado pola traballadora de Urco Andrea Jamardo Seijo.

Encontro participativo na escola sobre a igualdade no ensino



Con motivo do 8 de marzo e para reflexionarmos en conxunto sobre a situación da igualdade no noso sistema educativo e no centro, o CPI Virxe da Saleta convida a toda a comunidade educativa (estudantado, profesorado, persoal da escola, familias e veciñanza) a un encontro participativo que se desenvolverá na escola o mércores 7 de marzo desde as 15:30 ata as 16:30

A actividade quere ser unha reflexión conxunta na que todas as persoas poidamos achegar as nosas opinións, de maneira que o debate se enriqueza con xente de diferentes idades, ocupacións e experiencias.

Tentaremos dar resposta colectivamente a cuestións como a patriarcalización das escolas, as condutas machistas no centro, o coñecemento dos feminismos entre a comunidade educativa, a carga de traballo extra que o alumnado feminino soporta nas casas...

Para acompañarnos no encontro contaremos coa presenza de Antía Pousa da organización feminista Marcha Mundial das Mulleres.

luns, 5 de marzo de 2018

Alba María enviou música



Pedimos a Alba María para nos enviar  música para o 8 de Marzo. En poucos minutos tinhamos esta melodía orixinal.

Alba María aparece na foto co seu libro Regueifa en Bergantiños, publicado pouquinho despois de pasar pola nosa escola.

Continuamos?


Escoita aquí a música de Alba