Amosando publicacións coa etiqueta Clube lector@s b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clube lector@s b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 7 de novembro de 2018
Noela Gutiérrez
Adianto da curtametraxe que Noela Gutiérrez gravou este verán en Lalín, baseada en Un ollo de vidro
Lemos e levedamos o noso
Esta semana temos as primeiras reunións do clube Levedar a Lingua.
Queremos aprender de nós mesmas, daquilo que temos próximo, do que sucedeu na nosa aldea hai tempo, do que cantamos, vivimos, soñamos, sentimos un día, do que nos rodea agora e, quen sabe, se tamén nos dará para falarmos do futuro. Tentaremos colaborar co proxecto da escola "O noso", de aí o noso nome para este curso, que dá título a esta entrada.
Comezamos, pois, a nosa andaina cun masacre que sucedeu en Oseira o 22 de abril de 1909 e con dous libros que fan referencia a este feito e xa están na biblioteca:
Un ollo de vidro, Memorias dun esquelete, de A. Daniel Rodríguez Castelao, publicado pola editorial Céltiga en 1922.
Xente ao lonxe, Eduardo Blanco Amor, 1972. Leremos a edición restaurada de 2014, a primeira que, grazas ás investigacións de Xosé Manuel Dasilva, reconstrúe definitivamente a versión orixinal, fanada pola censura nos anos 70.
luns, 2 de xullo de 2018
Lecturas con xénero
Iniciamos o descanso coas lecturas que fixemos ao longo do curso.
Despois deste tempo teño a certeza de que temos unha visión máis alargada do tema.
Esta selección está composta polas lecturas dos dous grupos do Clube de lectura e polas recomendacións que se fixeron ao longo deste tempo. Quedan cousas, claro. Máis nunca cabe todo nun blogue.
Despois deste tempo teño a certeza de que temos unha visión máis alargada do tema.
Esta selección está composta polas lecturas dos dous grupos do Clube de lectura e polas recomendacións que se fixeron ao longo deste tempo. Quedan cousas, claro. Máis nunca cabe todo nun blogue.
Nós tamén Navegar
Con este título quixemos homenaxear a Xohana Torres e a todas as poetas, e músicas, galegas.
Foi un proceso precioso como profe. Traducir Xohana Torres ao catalán, repartir libros de poemas, repartir músicas, discutir sobre os poemas, sobre as músicas, sobre as gravacións,..
Foi unha delicia, para min, oír estes poemas nas voces do alumnado.
Grazas
Os poemas están aquí. E algúns audios dos que gravamos.
Grazas a Xiko Paradelo polo deseño para a capa.
Grazas a Alicia e a Xiana por nos axudar cos cables e cos micros.
E a Martiño, que con paciencia subiu os arquivos ao soundcloud.
Foi un proceso precioso como profe. Traducir Xohana Torres ao catalán, repartir libros de poemas, repartir músicas, discutir sobre os poemas, sobre as músicas, sobre as gravacións,..
Foi unha delicia, para min, oír estes poemas nas voces do alumnado.
Grazas
Os poemas están aquí. E algúns audios dos que gravamos.
Grazas a Xiko Paradelo polo deseño para a capa.
Grazas a Alicia e a Xiana por nos axudar cos cables e cos micros.
E a Martiño, que con paciencia subiu os arquivos ao soundcloud.
Facendo memoria
Cando acaba o curso dámonos conta de que hai moitas cousas que, de non seren partilladas, poden quedar no esquecemento.
Por iso recollemos algunha nesta entrada. Para un día. Por se fixeren falta.
A primeira é un vídeo que a profe Conchi nos enviou cando estabamos tratando a muller na ciencia, despois de que o alumnado lese A señorita Bubble, de Ledicia Costas. Recordounos a Marie Curie e nós recordamos nese día dez mulleres galegas científicas.
Por iso recollemos algunha nesta entrada. Para un día. Por se fixeren falta.
A primeira é un vídeo que a profe Conchi nos enviou cando estabamos tratando a muller na ciencia, despois de que o alumnado lese A señorita Bubble, de Ledicia Costas. Recordounos a Marie Curie e nós recordamos nese día dez mulleres galegas científicas.
martes, 3 de abril de 2018
A teta sobre o sol
rumor da froita
pezas de cristal
roxadas pezas de cristal das miñas
mans iguais ó liño
orfebre
creadora de burbullas
para mante-la temperatura das pérolas
das que procede o iris.
miña é a medición do mercurio
e a decisiva busca do manancial
que me devolva a correntes con azar de
baias.
e que ninguén me busque
e que ninguén me busque exposta como
estou á madrugada
regresada nun instinto de rumor de
froita
devastada na constancia de coce-lo amor
a lume lento
rebentada na percura dun perfume
incendiario
de lentísima flor de cerdeira.
e era que non te decatabas
de que comigo viñera xa o desxeo
e un arrecendo a incensos e a fulgor
primario
e un fulgor primario e delicias artesás
para escarchar
tenrura
se é que por acaso
te namorara irremediablemente a chuvia.
OLGA NOVO, A teta sobre o sol
A teta sobre o sol, o primeiro libro de poemas de Olga Novo, aparece no ano 1996 na artesanal Edicións do Dragón. No ano 1999 edítase na colección Letras de Cal, A.C Amaía.
Hoxe é imposíbel encontrar estas edicións nas librarías, así que partilhamos a reedición de poesiagalega.org (NOVO, OLGA (2011 [1999]). A teta sobre
o sol. 2ª ed. Santiago de Compostela: A.C. Amaía, Colección Letras
de Cal (ed. orixinal: Edicións do Dragón, 1996). Reedición en
poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura).
Podes acceder a esta reedición premendo aquí.
Intrahistoria dos meus
O libro de Pablo Fidalgo Lareo Autobiografía de mi generación (Fundación Marco, 2014) contén o ensaio de Olga Novo “Intrahistoria do amor”. Este ensaio iníciase con “Intrahistoria dos meus”, un repaso que a propia Olga Novo fai da súa biografía.
Reproducimos unha parte do ensaio, tirado do blogue de Pablo Fidalgo.
O poema “Monocromo verde” pertence a Cráter, o último poemario en galego de Olga Novo (Toxosoutos, 2012).
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nacín en movemento, nun SIMCA 1200 azul celeste. Son de Vilarmao, unha aldea lucense que non sae nos mapas. Veño dunha familia labrega humilde. Meus irmáns e mais eu fomos os primeiros en facer estudos e en ter acceso ao Saber, procedendo doutros saberes, e coñecer a Historia vindo só da intrahistoria. Desde aí falo.
Desde neniña vivín fascinada pola música. Miña mai, recitaba de memoria os textos aprendidos naquela escola de aldea, inscritos nas enciclopedias franquistas que eu xa non coñecera; e así eu soamente percibía a música da voz da miña mai contándome case cantándome margarita está linda la mar… E eu ficaba cos ollos espalancados ante a imaxe preciosista daquel rei que tenía un rabaño de elefantes, una tienda de diamantes y un gran manto de tisú. Nós, que só viamos rabaños de vacas, que só coñeciamos o brillo humilde da mica que compón a pedra de granito e que non rozaramos endexamais a excelsa suavidade do tisú… Non obstante, a marabilla estaba alí. Nin sequera sabiamos quen escribira aquilo, e moito menos que quen o fixera era un adepto ao réxime e que aquelas enciclopedias tiñan as follas manchadas de sangue.
Lembro tamén a inmensa mágoa que sentía ante o relato poético da morte da Infanta jorobadita. Aínda hoxe sinto aquel diminuto nó na gorxa que se me puña cando ela, ao contrario das belas irmás, se distraía y no hilaba porque ela non agardaba noivo ningún senón a morte. Con que sentimento miña mai acababa dicindo que a levaran enterrar por una puerta escusada / al encuentro del novio que ella soñaba. E eu entón choraba. Tiña tres anos. E sen comprender, engaiolada, escoitábaa dicir con toda elegancia o herdo materno dos romances tradicionais… Girinaldo, Girinaldo, / paje del rey más quirido / si fueras rico en la hacienda / como eres galán polido / esta noche, Girinaldo / la habías de pasar conmigo.
Antes dos libros. Antes da escola. Antes do mundo, está a música. Era aquel tempo redondo e sen fisuras. O círculo perfecto. A vida non escindida. No útero os sons escóitanse desde dentro do líquido e as frecuencias son outras. Acaso é así como oio a poesía vir cara min, escuramente, inicialmente nun balbordo que se vai esclarecendo pouco a pouco. Será que os meus tímpanos aínda só escoitan frecuencias intrauterinas.
Nas tardes de inverno, cando miña mai tiña que ir apañar herba prás vacas, eu quedaba ao coidado das anciás da aldea: a Sra. Carme de Benitiño, a Sra. Ramona de Casumira. A primeira dábame unha merenda de queixo con pantrigo e ensinábame a rezar. E sen comprender o senso daquelas palabras de poder, eu adoraba a rítmica prosodia da letanía e do rosario, antes y después del parto, e aquel sublime bendita tú eres / entre todas las mujeres. Cando chegaba ese intre, que me semellaba o clímax, eu alzaba os olliños inocentes cara unha humilde imaxe da Virxe que estaba colgada na parede do pasillo, e que hoxe lembro, co brillo do tempo, coma se fora un exquisito icono dun Andréi Rublev de Vilarmao.
E pola música daquelas palabras eu sei que hai música antes da Música. Foime transmitida por mulleres pobres dunha aldea extinta que non forman parte da Historia. Pero na nosa intrahistoria elas eran as verdadeiras transmisoras da música verdadeira.
Na casa non había ningún libro. Aos catro anos mercáronme unha carteira laranxa cunha árbore frondosa debuxada, e fun feliz á escola. Na casa non había ningún libro. Unha vez a mestra mandounos levar á escola un conto, e eu, que non tiña ningún, rebusquei pola casa e o único que atopei foi unha folla solta e rota de Aladino, probablemente un resto dun conto de segunda man, traído polas curmás. Lembro perfectamente o intre en que a mestra nos pediu o conto e se achegou a min, con toda a tenrura, e me dixo está muy bien, Olguita, pero la próxima vez tienes que traer el cuento entero. Eu asentín, simulando ser unha meniña que non sabe que unha folla non é o libro enteiro, que o fragmento non constitúe a totalidade do texto. Eu asentín preferindo semellar a inocencia, ou incluso a falta de intelixencia, con tal de ocultar a pobreza.
Agora amo o fragmento. O fío solto. O pespunte. O inacabado. Prefiro a escultura saíndo do barro imperfecto de Camille Claudel cá obra mestra acabada de Rodin. Non disimulo que só teño unha folla do conto de Aladino porque sigo sendo aquela nena que só tiña unha folla do conto de Aladino. Nunca tivemos Historia senón historias entretecidas unhas nas outras. Nin é noso o grande relato senón o conto a carón da lareira que se reinventa por puro pracer da transformación natural… que iso precisamente é a vida.
Aos seis anos, o libro de lectura, Alameda, estaba composto por romances. Apréndese tamén na carencia. A sede vai buscar auga ao río, aos manantíos subterráneos, ao fondo dos pozos. Tantas veces lin aquel libro, o único que tiña para saciar a sede, que acabei sabendo de memoria tódolos romances que contiña, e cando me mandaban ler, eu, con inxenua solemnidade, erguía por momentos a vista do libro e seguía lendo no ar o poema que quedaba no libro. Fun sorprendida así pola mestra. E sentín por primeira vez vergonza. Pero tamén se aprende na carencia, e a sede vai buscar auga ao río, aos manantíos subterráneos, ao fondo dos pozos. Na casa non había ningún libro.
Logo descubrín nunha alacena do comedor os libros de texto dos meus irmáns maiores. E busquei neles novas músicas. Así foi como comecei a dramatizar polo corredor da casa Abenamar Abenamar moro de la morería e Con cien cañones por banda… Tiña sete anos. Pola matanza e pola festa subíanme á mesa á hora do café e eu recitaba para toda a familia aquelas incomprensibles andanzas das tres fillas dun rei, e o estraño caso de Don Bueso. Trinta xeracións de meu analfabetas, e eu recitaba sobre a mesa para elas. Trinta xeracións de meu en silencio, eu declamaba para elas. Trinta xeracións de meu analfabetas, eu amaba a poesía por e para elas.
Non creo en Deus, pero si na xenética, esa ciencia azarosa e exacta. Non sei de onde procede esta sede miña e esta escoita. Probablemente sexa o produto dun cromosoma hipersensible da mai e da oratoria popular do pai. Ou un eco lonxano dun ancestro que rimaba octosílabos sen saber escribir o seu nome pero sabendo cantar a vida.
Cando se acabaron os textos dos libros da casa quedei soa. Tamén na carencia se medra. Así, por pura pobreza escribín, aos sete anos, o primeiro poema. Cheguei á poesía desde a pureza da desposesión, sen nada, con fame, exactamente igual que viviran os meus, en ausencia de Saber, en Ausencia de Historia.
Monocromo Verde
En ausencia de respiración absorbiamos aire con fariña
neve pura
as papas dos pobres de nós
(cando había azucre non había café):
restos das cartillas de racionamento metidos entre as moas do xuízo
final
o liño da fame
tan branco
rodeaba coma un anel de Saturno as paredes do estómago
a cinta dos sombreiros de palla
e afeitos a morrer día tras día
contemplabamos barro tirabeques estrondos demoledores dentro
ollos coma maletas nas que o mundo se daba por vencido
unha intuición de bágoas escondidas nas enrugas bimilenarias das anciás
aturdidas e negras coma os seus vestidos de loito da idade do ferro.
En ausencia de amor
un refaixo comido da polilla e do sol posto a secar na lareira
contiña os últimos escritos de Simone de Beauvoir
e o aborto que matou no profundo da palleira á Benigna de Remigio
os seus beizos amoratados que nunca vin flótanme no pensamento
afúngaseme o corazón
querida toda
nunca correspondida
pasto da eternidade que non hai
en ausencia de amor.
En ausencia de Historia
escribiamos en cadernos de pizarra que se borraban con cuspe
e voan formando círculos no observatorio de Greenwich
pois en ningún mapa aparece este nome velenoso
Vilarmao Vilarmao a rentes de ningún santo patrón
na puta diócese da nada
só hai un patio redondo
a elipse espiritual por onde saen os porcos do cortello e un tractor
Lu-Ve 34576 para delimitar o espazo.
En ausencia de Saber
a casa da mestra xace coma un cadavre exposto á chuvia
coas vigas tentando aínda soster a táboa do tres un problema de aritmética que nunca resolvemos
pero hai días en que unha liña recta trazada nun encerado antigo
resplandece na súa estrutura ósea
e todo o noso pequeno mundo groñe pobriño il
coma se rezara un rosario digno da existencia de Deus.
En ausencia de palabra
abondounos o berro denunciador que é a noite do moucho
en ausencia de pan
en ausencia de leite
en ausencia de trigo
contra o día cabrón que se erguía máis cedo ca ninguén.
En ausencia de futuro
rechinaron as rodas dos carros ou serían acaso metáforas deterioradas
aves de mal agoiro que ostentan o poder.
O resto dos animais
golsan sobor dos prados os cañotos de millo cos que se criaron
en sinal de dó
si porque en ausencia de futuro
só hai ausencia
e talvez isto que digo:
En ausencia de ti
de tanto morder as herbas para conter o espasmo
digo o teu nome ata que a lingua se me seque
e fico toda igual a ti antes e despois do tempo
facendo a fotosíntese do amor
na vangarda da nada
onde só se pode vivir pintada coma un monocromo verde.
Texto íntegro no blogue de Pablo Fidalgo: "A intrahistoria do amor"
mércores, 7 de marzo de 2018
Documentarios sobre mulheres galegas
Recomendamos entrar na páxina de Maos, ver algún documental, achegar propostas...
Excelente repositorio para ter sempre a man porque hai miles de vidas das que pouco sabemos e están aí; ao noso lado. Só hai que ver e reparar.
Preme na ligazón
Muller e deporte
Un dos libros do club neste curso é Corredora, de María Reimóndez, publicado pola prolífica autora no ano 2017. Nel coñecemos a Genet Mullugueta, que naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía e á quen, desde noviña, o que máis lle gustaba era correr e correr.
Podes ler nesta ligazón a crítica de Ramón Nicolás
Antes de lermos o libro tivemos un faladoiro cunha atleta ourensá, Emma Lorenzo Casas.
A importancia do deporte na súa vida, como compaxina iso cos estudos, como tivo ás veces que desoír os consellos dalgún profesorado para que se centrase nos estudos a pesar de que sempre foi boa estudante... foron algunhas das cousas das que o alumnado de 1º da ESO puido falar con Emma o día 24 de xaneiro. Trouxo o seu calzado deportivo, algúns xornais, dorsais e explicou como sempre lle gustou o deporte e se apuntaba a todo o que podía. Iso levouna a comezar co triple salto, animada por un profesor da escola que vía nela moitas capacidades. Agora compaxina este deporte cos estudos universitarios.
No faladoiro tivemos oportunidade de ver tamén unha parte de Contra os elementos, unha serie de vídeos promovidos pola Deputación da Coruña no que se lles dá voz a mulleres deportistas da provincia da Coruña. Recomendamos velos na rede. Entra na ligazón de Contra os elementos premendo aquí
Pois hai un días soubemos da fazaña de Ana Peleteiro en triple salto: "A atleta galega Ana Peleteiro Brión vén de gañar a medalla de bronce na final de triple salto do Mundial de pista cuberta de Birmingham, no que alcanzou os 14,40 metros de distancia, a súa mellor marca persoal".
A noticia no Sermos Galiza
Mais os xornais pouco informaron desta nova, non? Parece que quedan moitas, moitas, moitas cousas que mudar.
Unha ducia de deportistas galegas no Praza
martes, 6 de marzo de 2018
Calimero e a pêra verde
CALIMERO E A PÊRA VERDE (Em Casa)
Calimero é uma composição de Pascale
Rubens para o duo Naragonia.
Pêra Verde é um tema do Baixo Alentejo, aprendido por Celina da Piedade com Pedro Mestre e o grupo coral feminino "As Papoilas do Corvo"
Pêra Verde é um tema do Baixo Alentejo, aprendido por Celina da Piedade com Pedro Mestre e o grupo coral feminino "As Papoilas do Corvo"
Celina: voz e acordeão
Vicky Marques: bateria
Eddy Slap: baixo e guitarra
Deste-me uma pêra verde
Estava a meio de amadurar
pêra verde minha verde pêra
Não me venhas enganar
Não me venhas enganar
A mim não me enganas não
pêra verde minha verde pêra
Amor do meu coração
pêra verde minha verde pêra
Amor do meu coração
O amor quando se perde
é como a nódoa da amora
O amor quando se perde
é como a nódoa da amora
é com outra amora verde
A nódoa se vai embora
é com outra amora verde
A nódoa se vai embora
Deste-me uma pêra verde
Estava a meio de amadurar
pêra verde minha verde pêra
Não me venhas enganar
Não me venhas enganar
A mim não me enganas não
pêra verde minha verde pêra
Amor do meu coração
pêra verde minha verde pêra
Amor do meu coração
Conhecemos Celina da Piedade
Pombinha branca (Em Casa)
Tradicional do Baixo Alentejo,
aprendido com o grupo Modas à Margem do Tempo, em Évora
Celina da Piedade, voz e acordeão
Recolhido no primeiro trabalho
discográfico de Celina da Piedade, Em Casa
Anda cá se tu queres ver
verás o que inda não viste
verás dois olhos alegres
chorando lágrimas tristes
Ó minha pombinha branca
Onde queres, amor, que eu vá?
É de noite, faz escuro
Eu sozinho não vou lá
Eu sozinho não vou lá
eu sozinho lá não vou
ó minha pombinha branca
para (p'ra) te amar inda aquí estou
No quarto aonde eu durmo
tudo são penas voando
umas causadas por mim
outras das-me-as tu causa
ó minha pombinha branca
onde queres, amor, que eu vá
é de noite faz escuro
eu sozinho não vou lá
Eu sozinho não vou lá
eu sozinho lá não vou
ó minha pombinha branca
para te amar inda aquí estou.
Todos teriamos que ser feministas
Temos na biblioteca varios exemplares de Todos teriamos que ser feministas, a conferencia de Chimamanda Ngozi Adichie, que Sushi Books publica na nosa lingua.
Recomendamos ler a recensión que aparece no blogue Trafegando Ronseis premendo na ligazón que aparece a seguir.
luns, 26 de febreiro de 2018
Estou aprendendo a ladrar, mamá
29 de xaneiro de 2002
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer.
trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo a ladrar.
marcar un nunca territorio coa epiglote
coma un cadelo coma un can de palleiro
escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.
estou aprendendo a ladrar.
póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e
tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón
a miña gorxa esprémese de dor
e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas
coma unha pota de leite na lareira.
os ollos do meu amor levan dentro
o troupeleo dos chocallos uncontrautro uncontrautro
da novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.
e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa
pero eu non e aquí
é o intre da furia can
escoito con atención a campá de cris
tal dos teus soños incumpridos
coma unha escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.
unha vez e outra vez o corazón grandísimo
igual ca unha cerrota andoa o outono es ti ou ou ou loba
velaquí me tés bailando berrando choutando
unha mestra gutural un volcanciño gutural
coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf.
eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans
ata que deran luz
e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino
cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois
contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo
a túa lingua plantígrada mamá
podería mesmo reestructurarche a osamenta
co implante dunha canción anarquista.
ás veces sinto a dor sedimentándose
lámina
por
lámina
coma a pizarra:
é un esguince emocional chantado na caluga
e para ladrar así ás veces é preciso chorar iodo
abrir os xeonllos cunha gadaña ata ver o sol tan preto
a tres centímetros do iris
mamá
eu tiña que mamar da túa médula
asombrar o mundo cando che baixa a compaixón ás caries
e ós peitos
caídos
co cansazo.
para poder ladrar eu tería que rillar durante anos
a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos
a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue
tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e
apretar a meixela para non tronzar a lingua
coa súa tuberculose mamaíña.
ben sei eu que para poder ladrar
tería que ir contigo á miña infancia
e verme case morrer deshidratada
e pregarlle á virxe na que non cres
que me devolvera á vida de tres meses e medio
e soldarme no teu colo para sempre
coma unha peza de ferro do teu ventre.
non penses que non sei que para poder ladrar
tería que ir contigo ás derradeiras horas
da mamá Carmiña agarrada ás catro puntas do seu pano
e ó teu bazo.
ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.
alguén me ve abríndome a queixada ata que a fendo e digo xa
xa ladro ou coma o can non non
coma Camille Claudel coma Camille Claudel coma Camille Claudel
coma Camille mamá no mármore
coma Camille
coma Walt Whitman Walter Benjamin vou mamá
vou deica ti
vou eu vou
outa
outa
Ouh...
OLGA NOVO (2004), A cousa vermella.
Le o seguinte artigo de Carlos Negro publicado por Sermos Galiza o 30 de agosto de 2017:
"Olga Novo, a guímara do amor"
Que é a poesia?
![]() |
| Isto é o que dixo o alumnado |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









