martes, 6 de marzo de 2018

Encontro participativo na escola sobre a igualdade no ensino



Con motivo do 8 de marzo e para reflexionarmos en conxunto sobre a situación da igualdade no noso sistema educativo e no centro, o CPI Virxe da Saleta convida a toda a comunidade educativa (estudantado, profesorado, persoal da escola, familias e veciñanza) a un encontro participativo que se desenvolverá na escola o mércores 7 de marzo desde as 15:30 ata as 16:30

A actividade quere ser unha reflexión conxunta na que todas as persoas poidamos achegar as nosas opinións, de maneira que o debate se enriqueza con xente de diferentes idades, ocupacións e experiencias.

Tentaremos dar resposta colectivamente a cuestións como a patriarcalización das escolas, as condutas machistas no centro, o coñecemento dos feminismos entre a comunidade educativa, a carga de traballo extra que o alumnado feminino soporta nas casas...

Para acompañarnos no encontro contaremos coa presenza de Antía Pousa da organización feminista Marcha Mundial das Mulleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario