Un dos libros do club neste curso é Corredora, de María Reimóndez, publicado pola prolífica autora no ano 2017. Nel coñecemos a Genet Mullugueta, que naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía e á quen, desde noviña, o que máis lle gustaba era correr e correr.
Podes ler nesta ligazón a crítica de Ramón Nicolás
Antes de lermos o libro tivemos un faladoiro cunha atleta ourensá, Emma Lorenzo Casas.
A importancia do deporte na súa vida, como compaxina iso cos estudos, como tivo ás veces que desoír os consellos dalgún profesorado para que se centrase nos estudos a pesar de que sempre foi boa estudante... foron algunhas das cousas das que o alumnado de 1º da ESO puido falar con Emma o día 24 de xaneiro. Trouxo o seu calzado deportivo, algúns xornais, dorsais e explicou como sempre lle gustou o deporte e se apuntaba a todo o que podía. Iso levouna a comezar co triple salto, animada por un profesor da escola que vía nela moitas capacidades. Agora compaxina este deporte cos estudos universitarios.
No faladoiro tivemos oportunidade de ver tamén unha parte de Contra os elementos, unha serie de vídeos promovidos pola Deputación da Coruña no que se lles dá voz a mulleres deportistas da provincia da Coruña. Recomendamos velos na rede. Entra na ligazón de Contra os elementos premendo aquí
Pois hai un días soubemos da fazaña de Ana Peleteiro en triple salto: "A atleta galega Ana Peleteiro Brión vén de gañar a medalla de bronce na final de triple salto do Mundial de pista cuberta de Birmingham, no que alcanzou os 14,40 metros de distancia, a súa mellor marca persoal".
A noticia no Sermos Galiza
Mais os xornais pouco informaron desta nova, non? Parece que quedan moitas, moitas, moitas cousas que mudar.
Unha ducia de deportistas galegas no Praza
Ningún comentario:
Publicar un comentario