“Mulleres
bravas da nosa historia” é unha colección de libros
infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres
exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.
Alén de contar as biografías das
protagonistas, os libros achegan actividades para realizar coas
cativas e cativos e cronoloxía. Todo para axudar a valorar a achega
das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada
polo feito de seren mulleres.
Da colección, de Urco Editora, temos
na biblioteca Ramón Caride os catro primeiros números dedicados a
Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, Maruja Mallo e Xulia
Minguillón.
Todos eles están ilustrados por Eva
Agra e con textos de diferentes autoras: María Lado (Rosalía de
Castro), Eli Ríos (María Victoria Moreno), Elvira
Ribeiro (Maruja Mallo) e María Reimóndez (Xulia
Minguillón). O proxecto está coordinado pola traballadora de
Urco Andrea Jamardo Seijo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario